A gran revolución que estamos a vivir no eido da Internet co fenómeno das redes sociais, xa supera o uso do correo electrónico por moito. As redes sociais serven para coñecer xente ou para atoparte con xente que xa coñeces, pero estas redes, xa sexan myspace, facebook, ou calquera das múltiples que nos podemos atopar, non garanten á persoa usuaria coincidir dunha forma realmente privada cos seus amigos, ou compartir información privada de forma segura e confidencial.
Por iso xorde a necesidade de poder crear a túa propia rede social, na que só poidas atopar xente coa que realmente queres coincidir, e que toda a información que manexes sexa realmente confidencial.
Para isto existe a posibilidade de empregar BuddyPress. Trátase dunha extensión de WordPress MU, e está formada por elementos totalmente independentes, polo que só nos permite empregar aqueles que realmente nos interesen.
As características principais de BuddyPress son:
-
Extensión de perfil.
-
Mensaxería privada.
-
Engadir amigos.
-
Engadir a grupos.
-
Un lugar onde os amigos e outros membros poden ir e enviar mensaxes.
-
Actividade da persoa usuaria.
-
Permitir varios blogs e varias persoas usuarias por blog.
-
Estado das actualizacións.
-
Álbum de fotos.
Tamén cómpre destacar que existe un tema para BuddyPress, chamado FaceBuddy, que fará que a túa rede social se pareza a Facebook, ademáis de fornecernos cun entorno realmente lixeiro e totalmente baseado en CSS, co que dotar dun mellor aspecto á nosa rede social.

Fonte: http://www.dacostabalboa.com/gal/buddypress-crea-unha-rede-social-baseada-en-wordpress/3084
