Mancomún

Creación e edición de ficheiros SWF con ferramentas libres: SWFTools

Mércores, 12 Agosto 2009
http://technoargia.free.fr/swftools/swftools_logo.pngSWFTools é unha colección de ferramentas para traballar con ficheiros Flash de Adobe (ficheiros SWF). Esta colección de utilidades inclúe programas para ler ficheiros SWF, para combinalos, e para crealos a partir doutro tipo de contidos (como imaxes, ficheiros de son, vídeos, ou ficheiros de código fonte). SWFTools está publicado baixo a licenza GPL.

Esta colección inclúe actualmente os seguintes programas:

  • PDF2SWF: Un conversor de PDF a SWF. Xera un fotograma por cada páxina do documento. Permite incluír texto completamente formatado, incluíndo táboas, fórmulas, gráficas, etc dentro da película en Flash. Está baseado no procesador de PDF xpdf.

  • SWFCombine: Unha ferramenta multifunción para inserir varios SWF dentro doutros, concatenando, superpoñendo, ou permitindo manipulación básica de parámetros (como, por exemplo, cambios no tamaño).

  • SWFStrings: Busca cadeas de texto dentro de ficheiros SWF.

  • SWFDump: Mostra información sobre ficheiros SWF, como as imaxes/tipografía/sons que conteñen, etc.

  • JPEG2SWF: Colle unha ou varias imaxes JPEG e xera unha presentación en SWF con elas. É compatíbel con compresión de vídeo por estimación de movemento, o que mellora a compresión das secuencias de vídeo.

  • PNG2SWF: É como JPEG2SWF, pero traballando con imaxes PNG.

  • GIF2SWF: Converte GIF a SWF. É tamén capaz de traballar con GIF animados.

  • WAV2SWF: Converte ficheiros de son WAV a SWF, empregando a biblioteca de codificación MP3 LAME.

  • Font2SWF: Converte ficheiros de tipografías (TTF, Type1) a SWF.

  • SWFBBox: Permite ler, optimizar e reaxustar as caixas contedoras (bounding boxes) dos ficheiros SWF.

  • SWFC: Unha ferramenta para crear ficheiros SWF a partir de ficheiros simples de script. É compatíbel con ActionScript 2.0 e tamén con ActionScript 3.0.

  • SWFExtract: Permite extraer clips de vídeo, sons, imaxes, etc, dos ficheiros SWF.

  • AS3Compile: Un compilador de ActionScript 3.0 independente. Compatíbel na súa maior parte con Flex.

Tense comprobado que SWFTools traballa sobre Solaris, Linux (tanto 32 como 64 bits), FreeBSD, OpenBSD, HP-UX, MacOS X and Windows 98/ME/2000/XP/Vista.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal