Mancomún

Creada a Alianza de Bases de Datos Abertas

Venres, 15 Maio 2009

Open Database AllianceA empresa Monty Program Ab, fundada polo creador de MySQL, Michael Widenius, e máis a empresa de asistencia e servizos sobre MySQL, Percona, acaban de anunciar a creación da Open Database Alliance, definida polos seus creadores como un consorcio independente,  e aberto a outras empresas e organizacións.

O obxectivo polo que foi creada esta organización é o de unificar todo o desenvolvemento e servizos relacionados con MySQL, ofrecendo así unha solución á fragmentación e á incerteza que xerou nas comunidades, empresas e técnicos involucrados en MySQL a recente compra de Sun.

Por parte de Oracle, ademais, traballan conxuntamente para ofrecer software, asistencia técnica e servizos para MariaDB, unha rama de MySQL desenvolvida pola comunidade e que emprega o motor Maria. É dicir, con esta alianza preténdese garantir un apoio a MySQL a longo prazo.

Fai cousa dun mes Michael Widenius, tamen coñecido coma Monty -quen deixara o proxecto de MySQL despois de que fora mercada por Sun- anunciou a súa intención de levar unha versión MySQL de seu, sen depender das directrices que marcase Oracle.

Fontes:

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal