Neste blogue http://www.jesusda.com/blog temos un interesante artigo de como crear calendarios personalizados usando para iso o software DigiKam.
Digikam é un programa para a xestión e organización das nosas fotos e imaxes, permitindo o etiquetado, organización, categorización, puntuación e edición das mesmas, ademais de ter unha serie de utilidades para xerar presentacións, vídeos e hasta calendarios.
Na entrada orixinal no seu blogue tes dispoñible o titorial paso a paso e con imaxes para a creación do teu calendario, ademais de poder descargar un calendario linuxeiro para o 2009 creado polo autor do blogue…
