Facebook lanza unha ferramenta de código aberto que facilita a creación de proxectos baseados en React. O proxecto nace a partires dun hackathon que tiña como obxectivo agrupar e automatizar o a configuración das ferramentas dun proxecto baseado en React nunha única ferramenta.
O proxecto, está publicado en Github baixo os termos da licenza BSD de 3 cláusulas.

O proxecto React, tamén de Facebook, é unha librería de código aberto que permite aos desenvolvedores a construción de interfaces JavaScript. A pesar diso, traballar con React non deixa de ser complicado xa que o React vai moito máis aló sendo un conxunto complexo de ferramentas que non son precisamente doadas de configurar.
A ferramenta, Create React Project, facilita o axuste inicial do contorno de traballo, liberando aos desenvolvedores para que non teñan que preocuparse dos ficheiros de configuración e do entorno. Deste xeito, o desenvolvedor traballará só cunha ferramenta e non cun conxunto de ferramentas diferentes.
