Mancomún

Creative libera o controlador da X-Fi baixo software libre

Venres, 7 Novembro 2008
O fabricante de dispositivos multimedia Creative liberou baixo licenza GPLv2 o código fonte do controlador da gama de cartóns de son X-Fi. 13.000 liñas de código baixo licenza GNU GPLv2, que poden empezar a cambiar a mala relación de Linux coa X-Fi de Creative, cuxo soporte é cualificado directamente polos usuarios como “horrible”. Este servizo prometido, con drivers propietarios de calidade non chegou nunca, din porque Creative tivo que reescribir os seus controladores para Windows Vista, ocupando recursos e tempo, aprazando á súa vez o soporte para Linux.

Tras varios intentos errados mesmo coa liberación de documentación e cabeceiras, Creative parece apostar agora pola comunidade de software libre, unha medida que debería estenderse a outros produtos e fabricantes. O avance de Linux como alternativa non é posible sen o desenvolvemento de drivers de calidade, sexan propietarios ou libres. O controlador liberado é o XFiDrv_Linux_Public_US_1.00.tar.gz para 32 e 64 bits soportando as Sound Blaster X-Fi e X-Fi Titanium.

 

Fonte: The Inquirer

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal