Mancomún

Cuarta Ubuntu Developer Week

Xoves, 20 Agosto 2009

UbuntuDo 31 de agosto ao 4 de setembro terá lugar a Ubuntu Developer Week, unha serie de obradoiros en liña, dunha semana de duración, nos que se poderá:

  • aprender acerca de diferentes técnicas de empaquetado
  • saber máis acerca dos diferentes equipos de desenvolvemento
  • comprobar os esforzos da comunidade mundial de desenvolvemento
  • participar en sesións abertas de preguntas e respostas con desenvolvedores de Ubuntu
  • e moito máis

A comunicación durante esta Ubuntu Developer Week terá lugar maioritariamente en inglés, xa que ese é o idioma no que se realiza toda a comunicación no desenvolvemento de Ubuntu. Sen embargo, e para axudar a aqueles desenvolvedores que sintan que o seu inglés non é tan bo como para participar, varios membros de comunidades locais de Ubuntu estarán dispoñíbeis en diferentes canles de IRC para traducir as cuestións que se queiran consultar.
A axenda destes obradoiros pode consultarse en liña, no wiki de Ubuntu, ou ben podemos descargarnos un folleto en formato pdf onde, ademais dos horarios, presentacións e explicacións dos obradoiros, se nos presenta brevemente ás persoas que os van impartir.

Esta é a cuarta edición da Ubuntu Developer Week. As anteriores edicións tiveron lugar en xaneiro deste ano, setembro de 2008 e febreiro de 2008. Pódese consultar os programas destas edicións anteriores aquí.

Se algunha vez sentiches curiosidade sobre como funciona o desenvolvemento de Ubuntu, ou quixeches participar no desenvolvemento e non sabías como, non deixes pasar esta oportunidade de comunicación directa coa comunidade desenvolvedora.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal