O
Sauerbraten é un xogo de primeira persoa, que permite varios xogadores. Ten unha gran variedade de modos de xogo: clásico , obxectivos en equipo, etc… cunha gran cantidade de mapas aos que o xogador terá que enfrontarse.
Tamén dispón de edición de niveis: cunha tecla permítese modificar a xeometría, as texturas ou entidades no xogo, sobre a marcha. E o que é máis novidoso, a posibilidade de facer novos emprazamentos para o xogo, incluso empregando outros mapas en liña, no modo “coop edit”.
Está dispoñible para as diferentes plataformas GNU/Linux, Windows e Mac OS X, debido a que foi programado na linguaxe de programación C++.
Máis información: cubeengine.com