Interesante curso sobre a aplicación de deseño vectorial Inkscape. Trátase dun curso elaborado por un profesor de debuxo de Educación Secundaria para impartir a asignatura de Tecnoloxía da información: deseño asistido por ordenador de segundo de bacharelato de Artes.
Ao curso chamoulle Inkscape: logo a logo pois a aprendizaxe do uso desta aplicación vaina desenvolvendo ao tempo que explica como se poden facer unha serie de logos máis ou menos coñecidos. É dicir, fai un curso cunha aproximación máis didáctica, pensando no aplicación práctica, que descritiva das distintas funcións do Inkscape.
Para que o seu esforzo poida ser aproveitado, pon á disposición de toda a comunidade o material deste curso, escrito en idioma castelán:
-
ebook en formato pdf co material de todo o curso.
-
Arquivo .zip con todos os ficheiros .svg necesarios para o seguimento do curso
-
Curso en liña en Google Docs
Fonte: Blogue de Joaclint lstgud
