O grupo de amigos de Linux de Pontevedra, GALPon, ofrece a partires de hoxe un obradoiro de 30h sobre OpenOffice.org e convalidable por dous créditos de libre elección, grazas tamén á colaboración do Vicerreitorado de Extensión Cultural e de Estudantes.
O contido do programa do obradoiro incluirá todos os compoñentes da suite ofimática:
- Procesador de Textos, Writer
- Folla de cálculo, Calc
- Debuxo vectorial, Draw
- Presentacións, Impress
- Acceso a bases de datos, Base
As clases ofreceranse na Aula 5 do novo edificio da E.T.S.E. Telecomunicacións da Universidade de Vigo e comezan hoxe en horario de luns e mércores de 16:00h – 19:00h…
Máis información na fonte orixinal da nova, na páxina de GALPon:
http://www.galpon.org
