Desde ANABAD Galicia, blogue da asociación de arquiveiros, bibliotecarios, museólogos e documentalistas de Galicia, infórmannos do seguinte:
“ANABAD GALICIA dentro do seu plan de formación para este primeiro trimestre do 2009, organiza o curso “Introdución ao software libre para persoal de bibliotecas“, que se desenvolverá en liña a través da plataforma AULA CESGA. Toda a información se atopa no folleto. Se estás interesado en facelo, inscríbete no curso e manda o formulario á asociación: anabadgalicia@mundo-r.com…”
