Mancomún

Curso de Bussines Inteligence con Pentaho

Venres, 22 Maio 2009

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia organiza un curso de Business Intelligence (BI) dirixido aos profesionais do sector TIC. O obxectivo é formar os asistentes na análise de datos para a toma de decisións importantes e rápidas con base na información dispoñíbel nos sistemas de xestión informatizados (ERP, aplicativos operativas…). A ferramenta escollida para acadar este obxectivo é a plataforma libre Open Source Pentaho Business Intelligence.

O emprego de tecnoloxías Business Intelligence permite mellorar a velocidade e capacidade das organizacións para tomar decisións, simplificando e integrando servizos na mesma plataforma, e proporcionando interfaces abertas para acceder e compartir datos, dentro da mesma organización ou con outras organizacións externas.
A demanda entre os colexiados do CPEIG foi tan alta que deseguido se esgotaron as 26 prazas dispoñíbeis.

O curso terá lugar en Santiago de Compostela en horario intensivo nas datas:

  • Venres, 29 de maio de 16:00 a 21:00
  • Sábado, 30 de maio de 9:00 a 14:00
  • Venres, 5 de xuño de 16:00 a 21:00
  • Sábado, 6 de xuño de 9:00 a 14:00

O programa comeza coa introdución a BI e Pentaho entrando xa en materia coa creación dun proxecto BI Datawarehouse e ETL e creación de informes e cadros de mando con Pentaho. Será impartido por enxeñeiros informáticos responsábeis dos proxectos de BI nunha das empresas españolas punteiras neste campo: Stratebi bussines solutions.

Para maior información: Web do CPEIG

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal