Desde o día 2 até o 23 de xuño desenvolverase en Ourense o curso de Contabilidade, destinado especialmente ao colectivo de comerciantes, no que se empregará o software libre FacturaLux, que hoxe en día é substituído polo AbanQ.
O curso levarase a cabo na aula do FORGA (situada na rúa Río Mao, nº 27, baixo) de luns a venres en horario de 20:30 a 22:00.
Con este curso preténdese que os e as asistentes adquiran coñecementos sólidos das ferramentas de cálculo e de análise para poder levar a contabilidade dunha empresa, aprendendo a pechar un exercicio contábel e analizando os resultados e balances, así como familiarizarse cos supostos de contabilidade financeira e de sociedades actualizados, traballando coas situacións producidas nunha empresa real.
Este curso está principalmente adicado aos e ás comerciantes da zona, para que poidan aplicar estes coñecementos na súa actividade diaria e ademais fomentar o emprego do Software Libre.
Fonte: Rede de Dinamización
