Visto na páxina da Rede de Dinamización:
“A Rede de Dinamización da Sociedade da Información e o Centro Comarcal de Valdeorras, en colaboración con Mancomún, organizan un curso de Contabilidade que comezará o día 24 de novembro no Barco de Valdeorras.
Dito curso de Contabilidade dará comezo o día 24 de novembro e se prolongará até o día 18 de decembro, de luns a xoves en horario de 20:00h a 22:00 horas na Academia Epsilon, Rúa Eloy Rodríguez 57 – Baixo (fronte á Estación de Renfe).
Con esta actividade preténdese que os/as asistentes adquiran uns coñecementos sólidos das ferramentas de cálculo e de análise para poder levar a cabo a contabilidade dunha empresa, aprendendo a pechar un exercicio contable e analizando os resultados e balances empregando ferramentas libres como é Facturalux…”
Evento engadido á “Axenda de eventos“.
