O CPEIG organiza o curso Drupal 7 avanzado dirixido a desenvolvedores web con coñecementos básicos de Drupal que requiran implementar proxectos web complexos con Drupal 7, xa sexa para terceiros ou para emprender cunha idea de negocio propia. O obxectivo do mesmo é que o alumnado ao final do curso poida desenvolver tendas de eCommerce e Redes Sociais sobre Drupal, así como realizar tarefas de optimización do rendemento de portais baseados en Drupal. 
O curso terá unha duración de 20 horas presenciais que se distribuirán en 4 sesións intensivas os venres pola tarde e sábados pola mañá durnte dous fins de semana do mes de marzo, 21 e 22 de marzo e 28 e 29 de marzo. O horario será de 16:00 á 21:00 os venres e de 09:00 á 14:00 os sábados.
A metodoloxía da acción formativa é totalmente práctica, onde o alumno, desde a primeira lección, crea un portal a través dos exercicios propostos. As sesións presenciais acompañaranse pois con exercicios e prácticas, así como cun dossier formativo con actividades adicionais para que este curso sirva de punto de inicio no desenvolvemento de sistemas web complexos en Drupal, como son tendas de eCommerce e Redes sociais.
O curso será impartido por Diego Meixeiro Calvo, consultor especialista en Drupal, membro do equipo de desenvolvemento web da empresa Sdweb Solucións Dixitais S.L., que posúe unha dilatada experiencia na implantación de portais Drupal a nivel nacional e autonómico, e un amplo coñecemento da comunidade Drupal, aspectos fundamentais para limitar a curva de aprendizaxe en Drupal e aproveitar todas as súas funcionalidades. Participou en proxectos para clientes tan relevantes como Inditex, Grupo Anaya, Universidade de Barcelona, Universidade de Santiago de Compostela, Novagalicia Banco e Xunta de Galicia.
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) abre o plazo de inscripción no curso Drupal 7 Avanzado, ofertando un total de 25 prazas que serán cubertas por rigorosa orde de inscrición. O prazo estará aberto ata o día 20 de marzo. O importe do curso é de 95€ para membros colexiados/as ou precolexiados/as do CPEIG así como para aqueles que non o estean pero acepten compromiso de colexiación ou precolexiación e de 190€ para os non colexiados nin precolexiados.
O temario do curso é o seguinte:
- Conceptos de Drupal 7.
- Introdución a Drupal, instalación e estrutura interna do núcleo.
- Instalación de novas funcionalidades en Drupal. Os módulos.
- O aspecto gráfico en Drupal. Instalación e personalización de temas gráficos.
- Actualización e mantemento dun portal en Drupal. Optimización e posicionamento.
- Distribucións: Creación de tendas de eCommerce con Drupal Commerce.
- Estrutura de Drupal Commerce.
- Estrutura do proceso de compra.
- Importación masiva de contidos.
- Creación de tendas de eCommerce con Drupal Commerce.
- Distribucións: Creación de redes sociais con Drupal Commons.
- Estrutura de Drupal Commons.
- Grupos orgánicos.
- Roles.
- Muros.
- Actividades.
- Eventos.
- Seguimento.
- Creación de redes sociais con Drupal Commons.
- Configuración avanzada e desenvolvemento con Drupal.
- Drush. Manexo de Drupal desde a consola.
- Multisite real e simulado.
- Features. Creación de paquetes de funcionalidades.
- Rendemento. O caché do núcleo e módulos contribuídos de caché.
- Introdución ao desenvolvemento de módulos.
- Introdución ao desenvolvemento de temas gráficos.
Os interesados en inscribirse no curso poden obter toda a información no portal do CPEIG así como dirixirse ao Presidente da Comisión de Formación do CPEIG, Francisco Javier Rodríguez Martínez vogal4 @ cpeig.org para ampliar información ou para aclarar calquera dúbida.
