O vindeiro 23 de febreiro celebrarase unha xornada sobre Tecnoloxías da Información e da Comunicación de última xeración, E-learning 2.0 impartida polo profesor Manuel Gromaz Campos na Aula Universitaria de Viveiro e organizada polo Concello de Viveiro, en colaboración coa Universidade a Distancia (UNED) en Lugo.
O curso ten un custe de 5 euros e outorgaralle 1 crédito UNED de Libre Configuración e 0,5 créditos ECTS a tódolos asistentes. O alumnado ao remate do curso deberá ter adquiridas as destrezas e competencias necesarias para empregar entornos virtuais open source de última xeración dende un punto de vista didáctico. Os asistentes, recibirán cadanseu diploma acreditativo, e traballarán fundamentalmente con tecnoloxías de software libre de última xeración, tales como Webminars, LMS, ePorfolios, Redes Sociais, Entornos Virtuais 3D…
A xornada consta de dúas sesións:
- Sesión presencial, de catro horas de duración na que se verá unha introducción ao que é o e-learning e unhas nocións básicas sobre o que é o software comercial e o software libre. Tamén se tratará o tema da e-learning na empresa e na administración.
- Sesión virtual, cunha duración de 21 horas, baseada na aprendizaxe a distancia e na interactividade virtual cos alumnos, é dicir, o que se coñece como metodoloxía Blended-learning. Neste obradoiro aprenderán a crear, administrar e xestionar cursos virtuais a través de sistemas de xestión da aprendizaxe. O temario tamén inclúe, nesta sesión virtual, o emprego de ferramentas de comunicación sincrónica (tutorías en liña), así como o emprego de ferramentas de comunicación asincrónica, como son os debates e o traballo en grupo. Por último, as pesoas asistentes iniciaranse no deseño en liña de contidos.
Fonte: Código Cero
