Abertas as inscricións dos cursos organizados para este verán na aula CeMIT de Ribeira.
Os cursos celebraranse baixo protocolos de seguridade sanitaria (oito equipos informáticos para garantir a distancia entre os asistentes).
Entre os diferentes cursos que se levarán a cabo, destacamos aquí os relacionados con ferramentas de software libre ou código aberto.

Edición de textos con Writer
Será os martes e xoves, do 7 de xullo ao 30 de xullo de 12.00 a 13.30 horas.
Writer ten todas as características que necesitas dunha ferramenta moderna, con todas as funcións de procesamento de textos e auto edición. É bastante simple para unha nota rápida, e tamén potente como para crear libros completos con contidos, esquemas, índices e máis.
Sobre LibreOffice

LibreOffice é un conxunto completo de ferramentas de ofimática dispoñibles libremente, que inclúe un procesador de textos (Writer), folla de cálculo (Calc), presentacións (Impress), base de datos (Base), debuxo vectorial (Draw) e outras ferramentas. O formato de ficheiro propio de LibreOffice é OpenDocument, un formato estándar e aberto que está sendo adoptado por gobernos de todo o mundo como formato de ficheiro obrigatorio para a publicación e aceptación de documentos.
LibreOffice tamén pode abrir e gardar documentos en moitos formatos diferentes, incluíndo aqueles utilizados en varias versións de Microsoft Office.
Inscrición
As inscricións poden facerse na aula CeMIT de Ribeira ou na páxina oficial.
