Mancomún

Curso de Estatística con R

Xoves, 13 Febreiro 2014

Cartel do curso de Estatística con RA empresa Biostatech, spin-off de bioestatística da Universidade de Santiado de Compostela, organiza unha nova edición do curso Estatística con R (nivel básico) dirixido a estudantes, profesionais e investigadores que requiran unha formación básica en estatística e que queiran iniciarse no uso desta ferramenta libre. Ademais tamén é unha boa oportunidade para aqueles xa iniciados, que queiran mellorar as súas habilidades a través dun repaso de aspectos básicos da estatística e da linguaxe propia de R.

O curso celebrarase entre os días 24 e 27 de febreiro de 16:00 a 21:00 horas e será impartido polos profesionais Mónica López Ratón, Biostatech, Advice, Training & Innovation in Biostatistics S.L., GRID[ECMB] e Laura Calaza Díaz, GRID[ECMB]. O curso impartirase no Aulario Novoa Santos (Aula 10), Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

O curso será de carácter teórico-práctico e contará con persoal de apoio para unha formación íntegra e completa. Requírese que o alumnado dispoña do seu propio portátil co software instalado para poder realizar as prácticas. Previamente ao comezo do curso enviaranse as indicacións de descarga e instalación de dito software tanto para Windows, GNU/Linux ou Mac OSX.

O programa do curso é o seguinte:

  • Que é R?:
    • Páxina web de R e contorno do programa
    • Instalación e busca de paquetes
  • Estrutura da información en R:
    • Obxecto, vector, matriz, lista, data frame
    • Lectura e escritura de datos
    • Manexo e manipulación de datos:
    • Creación de subconxuntos
    • Incorporación de variables
    • Recodificación de variables
  • Estudo de variables cualitativas:
    • Tests paramétricos e non paramétricos
  • Estudo de variables cuantitativas:
    • Tests paramétricos e non paramétricos
  • Regresión lineal e correlación
  • R Commander

O curso ten prazas limitadas que se cubrirán por rigosora orde de inscrición e ten un custe de 200€. O período de inscrición remata o vindeiro día 17 de febreiro.

As persoas interesadas en formalizar a inscrición ou realizar calquera consulta só teñen que enviar un mensaxe a biostatech @ uninova.org, ou a contacto @ biostatech.com ou nos teléfonos 672.771.319 ó 981.594.530

A actividade conta coa participación do grupo de investigación da USC GRID[ECMB], e está enmarcado dentro da Rede Nacional de Bioestadística (BIOSTATNET).

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal