Mancomún

Curso de Follas de cálculo con LibreOffice Calc

Mércores, 21 Outubro 2020

Do 26 ata o 30 de outubro, e cun total de 7,5 horas lectivas, terá lugar o curso online avanzado de ofimática “Follas de cálculo con LibreOffice Calc II – Dende a casa”, dese a aula CeMIT de Ames.

O curso conta con sesións explicativas a través de YouTube (luns, martes e xoves) e titorías voluntarias en Jitsi Meet (mércores e venres).

Calc

Calc é unha folla de cálculo potente e versátil. A quen a usa por primeira vez resúltalles intuitiva e fácil de aprender. Conta cunha ampla gama de funcións avanzadas.

Pódese descargar libremente desde o repositorio de LibreOffice.

Calc pode gardar as follas de cálculo no seu propio formato nativo, OpenDocument (.ods), ou tamén pode abrir e gardar follas de cálculo de Microsoft Excel. Tamén permite exportar ao formato de Documento Portable (.pdf), que se pode ler nunha ampla gama de dispositivos e plataformas.

LibreOffice

LibreOffice é un conxunto completo de ferramentas de ofimática dispoñibles libremente, que inclúe un procesador de textos (Writer), folla de cálculo (Calc), presentacións (Impress), base de datos (Base), debuxo vectorial (Draw) e outras ferramentas.

O formato de ficheiro propio de LibreOffice é OpenDocument, un formato estándar e aberto que está sendo adoptado por gobernos de todo o mundo como formato de ficheiro obrigatorio para a publicación e aceptación de documentos.

LibreOffice tamén pode abrir e gardar documentos en moitos formatos diferentes, incluíndo aqueles utilizados en varias versións de Microsoft Office.

Inscrición

Pódese facer a inscrición a través desta ligazón.

Máis información na web da aula CeMIT

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal