Mancomún

Curso de fotografía dixital con software libre en Melide

Venres, 29 Outubro 2010

Logo de Melisa A asociación Melisa organiza dende o primeiro sábado de novembro ata Nadal, un curso presencial de fotografía dixital empregando ferramentas libres.

O contido do curso versará sobre introdución á fotografía dixital e iniciación ao retoque fotográfico con software libre, facendo uso principalmente do aplicativo GIMP. Gimp

Ademais faranse saídas de campo polos arredores de Melide para pór en práctica o aprendido nas clases.

Trátase dun curso dirixido ao público en xeral e de carácter gratuíto de aproximadamente 20 horas de duración, que se desenvolverá os sábados de 10:30 a 13:30 horas na Cervexería A Fundación en Melide co seguinte calendario:
Calendario:

  • Sábados 6, 13, 20 e 27de novembro
  • Sábados 4, 11 e 18 de decembro

    Horario: 10:30 – 13:30

    Posto que o curso conta só con 12 prazas dispoñibles, é imprescindible inscribirse no mesmo enviando un correo electrónico indicando nome e apelidos, teléfono de contacto e localidade ao enderezo da asociación melisa.melide at gmail.com

    Este curso forma parte das actividades que a asociación Melisa desenvolve ao abeiro do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia e incluídas no plan de acción FLOSS 2010 da Xunta de Galicia.

    Xunta

    Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

    Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal