Mancomún

Curso de Impress no Concello de Camariñas

Venres, 12 Setembro 2008

Rede de DinamizaciónO Concello de Camariñas acollerá a partir do 13 de outubro un novo curso da Rede de Dinamización da Sociedade da Información. Este obradoiro, orientado á poboación en xeral, abordará o uso da aplicación libre para a creación de presentacións dinámicas, Impress.

As leccións desenvolveranse na Aula de Informática do concello de luns a venres e en horario de 19:00 a 20:30 horas. En total, serán 12 horas para coñecer de preto todo o referente a esta ferramenta do paquete ofimático OpenOffice.org.

OpenOffice.org 3.0 en galego

A Release Candidate de OpenOffice.org 3.0 está xa dispoñible para a súa descarga en galego.

Aínda que non se trata do lanzamento definitivo, é xa completamente funcional xa que esta versión está orientada exclusivamente á detección e corrección de erros.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal