Mancomún

Curso de informática con GNU/Linux no concello de Cuntis para persoas con diversidade funcional

Martes, 2 Decembro 2008

http://www.mancomun.org/images/banners/rededinamizacion.png O centro da Rede de Dinamización da Sociedade de Información do Concello de Cuntis vai impartir un curso de iniciación á informática con GNU/Linux para persoas con diversidade funcional.

O curso comeza o día 9 deste mes e rematará o 15, e terá unha duración aproximada de 10 horas.

Os obxectivos xerais do curso son que ao rematar, a persoa usuaria será capaz de manexar con certa soltura os obxectos (arquivos, cartafoles, ferramentas …) e funcionalidades básicas que ofrece un computador, neste caso usando un sistema operativo baseado en software libre…

Máis información en:
http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal