Mancomún

Curso de iniciación á informática con GNU/Linux en Castrelo do Miño

Mércores, 19 Novembro 2008

O Centro da Rede de Dinamización do Concello de Castrelo de Miño (Ourense) ven de anunciar un curso de iniciación á informática con GNU/Linux. O curso ten unha duración prevista de 10 horas e desenvolverase na semana do 24 ao 28 de novembro, polas tardes, en horario de 16:00 h a 18:00 h.

O lugar de celebración do curso será na Aula de Dinamización da SI, no complexo de turismo náutico de Castrelo de Miño, Avda. Alejandro Ferrer, nº 18, As Cortiñas.

Evento engadido á “Axenda de Eventos de Mancomún“.

 

 

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal