Mancomún

Curso de iniciación ao software libre e GNU/Linux na Universidade de Vigo

Martes, 8 Febreiro 2011

Logo de GALPonGALPon infórmanos que un ano máis vai impartir na Universidade de Vigo un Curso de Iniciación ao software libre e GNU/Linux dentro dos cursos ofertados pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Estudantes.

Neste curso farase unha introdución ao emprego de software libre e GNU/Linux percorrendo temas como o uso básico de aplicativos como a suite ofimática OpenOffice, Firefox, correo Thunderbird, mensaxería instantánea e software de edición de imaxes e vídeo.

O curso está aberto ao público en xeral e terá unha duración de 30 horas, distribuídas os mércores dende o vindeiro día 23 de febreiro ata o día 3 de maio, ambos inclusive. O curso impartirase en horario de 15:00 a 18:00 na Aula Informática 105 do edificio novo da E.T.S.E. Telecomunicacións.

O prazo de matrícula está aberto dende onte, 7 de febreiro, ata o vindeiro día 18 febreiro.

O temario completo do curso é o seguinte:

Tema 1: Introdución (3 horas)

  • Introdución ao Software Libre. Conceptos básicos.
  • Arranque dende CD de Linux: Ubuntu, KUbuntu

Tema 2: Contornos de traballo de escritorio (3 horas)

  • Introdución
  • Contorno de traballo GNOME.
  • Contorno de traballo KDE.
  • Outros contornos.

Tema 3: Ferramentas para o uso da Internet (6 horas)

  • Importancia da Internet para o Software Libre
  • Navegadores.
    • Mozilla Firefox / Iceweasel
    • Konqueror.
    • Outros navegadores. (pequena revisión)
      • Kazehakase (Gecko + Webkit).
      • Midori (Webkit).
      • Arora (webkit).
      • Pequena descrición de navegadores moi lixeiros (Linx, Dillo, etc…)
  • Correo electrónico e administradores de información persoal
    • Evolutión.
    • Kontact.
    • Mozilla Thunderbird.
    • Sylpheed – Claws-mail
    • Axendas, guías de contactos, calendarios,…
  • Scrapbook, a ferramenta do investigador en liña.
  • Programas de mensaxería instantánea, chat e VoIP
    • XChat.
    • Empathy
    • Pidgin/gaim.
    • Kopete.
    • AMSN / emesene.
    • Ekiga

Tema 4: Ferramentas de ofimática (15 horas)

  • Suite ofimática: LibreOffice/OpenOffice (procesador de texto, folla de cálculo, presentacións)
    • Introdución ao procesador de textos .
      • Edición básica.
      • Dar formato ao texto.
      • Impresión.
      • Táboas.
      • Estilos. Modelos.
      • Imaxes e gráficos.
    • Introdución á folla de cálculo.
      • Traballando con celas.
      • O formato.
      • Funcións.
      • Gráficos.
    • As presentacións en LibreOffice/OpenOffice.org.
      • Traballar con diapositivas.
      • Traballar con obxectos.
  • Utilidades ofimáticas complementarias: Visores de ficheiros PDF
  • Utilidades multimedia: gravación CD-DVD, reprodutores multimedia
  • Arte e deseño dixital: Gimp (retoque fotográfico), Inkscape (debuxo vectorial)
  • Edición de vídeo: OpenShot e PiTiVi

Tema 5: Distribucións, instalación e configuración (3 horas)

  • Introdución ao concepto de distribución
  • Recompilando información sobre o noso equipo
  • Instalación e configuración. Exemplo: Ubuntu e KUbuntu
  • Ferramentas de configuración
  • Creación de usuarios e cambio de chaves
  • Instalación de novos aplicativos
  • Alternativas e correspondencias de aplicativos ao Sw. privativo.

As persoas interesadas en asistir ao curso poden consultar a información de matrícula na web da Universidade.

Fonte: GALPon

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal