Mancomún

Curso de Introdución á Ubuntu-USC no Campus de Lugo

Martes, 6 Abril 2010

Os vindeiros días 7, 8 e 9 de Abril, celebrarase na Aula Universia da Biblioteca Intercentros no Campus de Lugo o curso "Introdución á Ubuntu-USC", impartido pola Oficina de Software Libre da USC dentro do Programa de Formación e Innovación Docente (PFID) da USC.

O obxectivo do curso é que os asistentes poidan realizar as súas tarefas diarias co sistema operativo GNU/Linux Ubuntu-USC de igual modo ao como as realizan co sistema operativo Windows. O curso versará sobre o proceso de instalación, configuración e manexo dos aplicativos básicos do día a día na distribución da universidade Ubuntu-USC, dende navegar por internet, escribir documentos co procesador de textos, comprimir un cartafol ata instalar e desinstalar programas.

A metodoloxía do curso será eminentemente práctica. O profesor amosaralle ao alumnado como moverse polo contorno da Ubuntu-USC, explicando as alternativas existentes para desenvolver as tarefas diarias, aprendéndolles o seu manexo así como a buscar novas alternativas pola súa conta. Sempre que se poida, realizaranse comparacións cos programas que manexan habitualmente para que poidan comprobar que non son tan diferentes e que, mesmo en ocasións, son moito máis sinxelos que os que xa coñecen. Ademais, explicaranse boas prácticas para sacarlle o máximo partido a informática.

Empregarase o software VirtualBox de Sun Microsystems, unha excelente e moi potente máquina virtual baseada en software libre.

O temario completo do curso pode verse ficha do curso dentro do PFID, sendo os temas principais:

  1. Instalación.
  2. Contorno de escritorio.
  3. Aplicativos de uso xeral: Firefox. Evolution. Rythmbox. Empathy. Totem / VLC.
  4. Instalación e eliminación de paquetes de software.
  5. Cando o software libre non é dabondo: Aplicativos privativos. Códecs. Controladores de dispositivo .
  6. “The GNU/Linux way”. A comunidade e a axuda entre usuarios.
  7. Breve introdución a outros aplicativos. Ofimática, vídeo, deseño e maquetación, xogos, VOIP e Videoconferencia.

Fonte: OSL da USC

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal