A Rede de Dinamización da Sociedade da Información organiza un cursos sobre o programa libre de mensaxería instantánea, Pidgin, no Concello de Sada entre os días 15 e 16 de decembro. O obradoiro, que se impartirá o luns e o martes en horario de 9 a 11 horas, está orientado á poboación en xeral co propósito de acadar que, ao remate deste, os asistentes sexan capaces de utilizar esta aplicación para comunicarse en tempo real empregando unha conversa escrita. Para isto desenvolverase unha metodoloxía didáctica activa, dinámica e participativa atendendo ás características de cada colectivo.
Para máis información os interesados poden poñerse en contacto cos dinamizadores da zona, Víctor González e Lucía Sanz.
Fonte: Rede de Dinamización
