Visto na páxina da Rede de Dinamización:
A Rede de Dinamización en colaboración co Concello de Mugardos organizará un curso do procesador de textos Writer durante o próximo mes de febreiro.
Os obxectivos xerais do curso serán que as persoas asistentes sexan capaces de crear e modificar un documento de texto empregando OpenOffice.org Writer
O curso comezará o día 17 e rematará o 20 co seguinte horario: de 11 a 12:30 h, e terá lugar na Aula Francisco Vizoso, no antigo colexio de Franza…
Obxectivos específicos do curso:
- Formatar un texto
- Inserir imaxes nun documento de texto
- Inserir táboas nun documento de texto
- Inserir cabeceiras e pés de páxina
- Imprimir un documento de texto
Máis información na fonte orixinal da nova e na nosa “Axenda de Eventos“.
