Mancomún

Curso de ventas en internet con Prestashop

Xoves, 17 Novembro 2016

O vindeiro mércores 30 de novembro a Amtega organizar na Aula CeMIT do Centro Cívico de Eirís na Coruña un curso de venta en internet a través da aplicación aberta Prestashop.

Prestashop é unha solución de código aberto amplamente implementada en todo o mundo, cunha gran comunidade de desenvolvedores profesionais e freelance e moita información abertamente dispoñible na rede, en todos os idiomas. A diferenza dos desenvolvementos personalizados, Prestashop ofrece métodos e ferramentas moi coñecidos por multitude de empresas, que poden iniciar ou retomar un desenvolvemento ecommerce en calquera momento.

Prestashop está contruido en PHP, a linguaxe de programación estrela en internet para aplicacións dinámicas. Ademais, é robusto, escalable, facilmente adaptable a necesidades concretas e, sobre todo, moi fácil de usar para o profesional sen coñecementos técnicos que decide dar o salto ao ecommerce.

Trátase dun proxecto sostido por un grupo de desenvolvedores altamente motivados e moi profesionais, que se ocupan no só do desenvolvemento técnico da solución ecommerce, senón tamén da xestión e o crecemento da comunidade ao redor do produto, con trainings profesionais, meetups en todo o mundo e formación certificada para partners.

A sesión compleméntase coa presentación do novo servizo de Prestashop no CDTIC Virtual que permite probar moi facilmente a aplicación xa instalada na nube.

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

Programa do curso

ANTES. Empezar a vender

  • Internet: 4000 millóns de clientes a un clic
  • eCommerce: definición, datos actuais e evolución
  • Os nichos e a diferenciación
  • Filosofía Lean Startup: fracasa rápido e barato
  • ZMOT
  • DURANTE: Ponte a vender con Prestashop
  • Que é Prestashop? O código aberto. Características
  • Prestashop fronte a Woocommerce, Magento e Virtuemart
  • Escolle o teu dominio e instala Prestashop nun clic desde o teu hosting
  • O aspecto da tenda estándar. As templates. Usabilidade e móbil
  • O panel de control e os módulos
  • Medios de pagamento: visa, Paypal, reembolso, transferencia…
  • Loxística: zonas e transportistas. Tarifas por peso ou volume
  • A ficha de produto: textos e fotos
  • Pedidos e devolucións. Correo electrónico de contacto co cliente
  • Módulos de marketing

DESPOIS: Be tendero, my friend!

  • Analytics: coñece os teus clientes
  • Google Adwords (display & search). Facebook Ads
  • Fai un blog!
  • Escoita nas RRSS

¿Quen imparte o curso?

Manufacturas de Internet Manufacturas de Internet é a marca comercial baixo a que Miguel Angel López desenvolve a súa actividade desde 1999, fabricando tendas en liña que venden e páxinas web que xeran clientes, sempre desde un punto de vista de marketing e coa rendibilidade como obxectivo prioritario.

Centro Demostrador TIC Virtual

O servizo de CDTIC Virtual, ofrece ás empresas, organizacións e persoas usuarias a posibilidade de analizar e probar distintas aplicacións en software libre a través dun servizo na nube nun contorno privado, sen necesidade de dispoñer de recursos informáticos propios ou de persoal con coñecementos avanzados de sistemas.

Na actualidade, as solucións dispoñibles no CDTIC Virtual son Xeshostal, un software para a xestión hoteleira; Owncloud, un servizo de compartición de arquivos na nube; Odoo, un ERP para a xestión integral dunha empresa; así como CiviCRM, un software de xestión de relacións con clientes (CRM) orientado ao seu uso por parte de organizacións que traballan no eido social e agora tamén o motor de ventas online Prestashop.

As persoas interesadas en solicitar a avaliación dunha das aplicacións dispoñibles non teñen máis que rexistrarse como profesionais ou empresas na web do CDTIC e posteriormente solicitar a aplicación ou aplicacións que lles interesen. Ata o momento xa o fixeron un total de 61 empresas usuarias do CDTIC Virtual.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal