A Vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo organiza entre os seus cursos de verán o curso Ferramentas de Seguridade en GNU/Linux dirixido polos profesores Francisco José Ribadas Pena e Víctor Manuel Darriba Bilbao cos seguintes obxectivos:
- Difundir os principios básicos da seguridade nos sistemas e dar a coñecer as principais ameazas existentes.
- Mostrar dun xeito práctico os mecanismos básicos para implantar medidas de seguridade efectivas.
- Iniciar aos alumnos na administración segura de equipos, redes e servizos baseados en software libre.
- Promocionar o uso do software libre e presentar as ferramentas de seguridade dispoñibles nos sistemas GNU/Linux.
- Analizar paso a paso exemplos reais de instalación, configuración e uso de ferramentas de seguridade típicas en contornos GNU/Linux.
O curso celebrarase entre o 21 e o 25 de xuño de 2010 no Edificio Politécnico do Campus de Ourense e terá unha duración de 30 horas convalidables por 2 créditos de libre configuración ou 1 ECTS.
O programa é o seguinte:
Luns 21 de xuño
- Ferramentas criptográficas de código aberto: GnuPG e Sistemas de ficheiros cifrados.
- Obradoiro de criptografía con GnuPG e de Sistemas de ficheiros cifrados.
- Fundamentos básicos de administración en sistemas GNU/Linux.
- Xestión de usuarios e autenticación en GNU/Linux: Módulos de autenticación PAM.
Martes 22 de xuño
- Autenticación remota e servizos de directorio LDAP.
- Caso Práctico 1: Implantación e uso de servizos de autenticación remota e xestión de usuarios con OpenLDAP.
- Ameazas nas redes GNU/Linux e ferramentas de seguridade en rede.
- Caso Práctico 2: Escaneo de portos con Nmap e análise de redes con Wireshark.
Mércores 23 de xuño
- Protección perimetral: Fundamentos de Firewalls e redes virtuais privadas.
- Caso Práctico 3: Configuración de firewall con DMZ empregando shorewall e implantación de túneles con Open VPN.
- Ferramentas de análise de vulnerabilidade en redes e servizos. Medidas de prevención e resposta.
- Caso Práctico 4: Análise de vulnerabilidades con Nessus e implantación de medidas de prevención
Xoves 24 de xuño
- Sistemas de detección de intrusións.
- Caso Práctico 5: Detección de intrusos con Snort: Configuración e xestión de firmas de intentos de ataques.
- Ameazas típicas e configuración segura de servizos web.
- Caso Práctico 6: Instalación e configuración segura de Apache: uso de mod_security.
Venres 25 de xuño
- Análise da seguridade en entornos GNU/Linux: Tests de intrusión.
- Caso Práctico 7: Obradoiro de ferramentas pentest en GNU/Linux.
O curso está aberto ao público en xeral cunhas taxas de 60€ cun desconto do 25% para os membros da comunidade universitaria da Universidade de Vigo e un 50% para os bolseiros do MEC.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 14 de xuño. Para obter a información sobre o proceso de inscrición consultar na web da Vicerreitoría do Campus de Ourense.
Fonte: Uvigo
