Nesta ocasión impartirá un curso de Xestión da planificación de recursos empresariais, para o que se empregará o aplicativo web de software libre Dolibarr ERP.
O contido do curso inclúe a instalación e posta en marcha do aplicativo, a xestión dos clientes, dos provedores e terceiros, a administración do inventario, o tratamento do proceso comercial e a xestión financeira entre outras funcionalidades.
O curso está dirixido tanto a particulares, autónomos como pemes ou público en xeral. Terá unha orientación eminentemente práctica cunha metodoloxía de formación en liña cunha titorización por grupos tanto en tempo real, nun horario predeterminado un día á semana para a resolución de dúbidas, como en diferido a través de foros cuns tempos de respostas de menos de 48 horas.
O curso terá unha duración de 50 horas para a revisión por parte do alumnado dos video-titoriais explicativos, e para a realización das tarefas semanais que permitirán ver o grao de aproveitamento dos diferentes módulos. Os participantes que superen todas as tarefas de forma satisfactoria recibirán un diploma acreditativo da Aula TIC Pemes da USC. O custe do curso é de 100€ ou 60€ para os estudantes da USC.
Todos aqueles interesados en se inscribir deben enviar un correo á conta atpemes@usc.es indicando o nome e apelidos e un teléfono de contacto coa finalidade de comunicarse cos participantes para xestionar a matrícula.
