O Concello do Porriño e o de Salceda de Caselas en colaboración coa Rede de Dinamización e Mancomun.org, realizarán un curso do procesador de textos do OpenOffice.org: Writer. O curso será impartido no Centro Multiusos de Torneiros do Porriño terá horario de 19:00 á 21:00 h entre os días 24 de marzo e o 8 de abril.
O obxectivo que se pretende acadar con este curso de introdución e que os asistentes coñezan a funcionalidade dun procesador de textos e nesta caso do OpenOffice.org Writer, procesador de textos de código aberto. Ademais farase especial fincapé no emprego do Software Libre como unha alternativa válida e eficaz ao software privativo…
Fonte:
http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu
Podes consultar máis eventos na nosa axenda:
http://www.mancomun.org/index.php?option=com_extcalendar&Itemid=37
