Mancomún

Curso no Campus de Ourense sobre Linux na docencia universitaria

Venres, 12 Marzo 2010

A Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa organiza o curso “Linux na docencia universitaria”, dirixido a profesores e profesoras da Universidade de Vigo co obxectivo de explicarlles aos usuarios habituais de Windows “que Linux ofrece as mesmas funcionalidades, é igual de doado en canto ao seu manexo e, aínda por enriba, non custa nada”.

O curso terá unha duración de 10 horas que se impartirán os días 5, 8, 12, 15 e 19 de abril de 10:00 a 12:00 cunha metodoloxía fundamentalmente de "prácticas guiadas", impartido polo profesor Xosé Antón Vila Sobrino, co seguinte programa:

  1. Introdución a Linux, instalación, ámbito de escritorio.
  2. Sistema de arquivos, permisos, configuración do contorno.
  3. Administración do sistema: usuarios, rede, periféricos, xestión de paquetes,…
  4. Utilidades varias: compresión de arquivos, copias de seguridade, mensaxería instantánea e multimedia. 
  5. Como obter axuda e información.

O prazo da matrícula está aberto ata o 29 de marzo, podendo formalizarse a través da plataforma Bubela da Área de Posgrao Virtual. Ofértanse 20 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de preinscrición.
Os interesados nesta acción formativa poden solicitar máis información no enderezo de correo electrónico formacion.profesorado@uvigo.es ou no teléfono 986 813 596.

Fonte: DUVI

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal