Mancomún

Curso Online sobre Xestión de Tendas Virtuais empregando Prestashop

Xoves, 5 Febreiro 2015

Cartel do curso de prestashopA Aula TIC Pemes da USC oferta a VII Edición do curso online de Xestión de Tendas Virtuais baseado na ferramenta de software libre Prestashop. O obxectivo do mesmo é capacitar ao alumnado para ser quen de poñer en marcha unha tenda virtual, personalizala e xestionala de forma económica, de forma que introducirse no comercio electrónico non supoña un problema para as pequenas empresas e autónomos.

Trátase dun curso práctico e 100% online cunha duración de 50 horas. O curso celebrarase entre o 20 de febreiro e o 27 de marzo a través da plataforma en liña da Aula TIC.

O prezo xeral ascende a 50 euros, mentres que para os alumnos e ex-alumnos da Universidade de Santiago de Compostela o prezo ascende a 25 euros. Tamén existen descontos para grupos de máis de 5 persoas. Aqueles participantes que finalicen satisfactoriamente o taller recibirán un diploma acreditativo da Aula TIC PEMEs da USC.
Contidos e metodoloxía do curso

O contido do curso incluirá a instalación, posta en marcha da aplicación, a administración dos clientes e empregados, a manipulación do catálogo de produtos, a xestión dos pedidos e pagos, así como a análise estatística dos datos entre outras ferramentas.

O curso impártese cunha metodoloxía eminentemente práctica, na que cada semana poñerase a disposición do alumnado na plataforma unha serie de materiais, actualizados á última versión estable de Prestashop (1.6.0.11), compostos principalmente por vídeos explicativos da temática correspondente, para que poidan revisalos e completar as tarefas semanais.

Cada participante terá asignado un titor, que non atenderá a máis de 5 alumnos, que será o encargado de revisar as tarefas, e propoñer, se é o caso, melloras ás mesmas, así como resolver as dúbidas que poidan xurdir. Existirán dous tipos de titorías: titorías en tempo real, para as que se fixará un horario fixo nun día á semana para atención por chat, e titorías en diferido, a través dun foro onde cada participante poderá presentar as súas dúbidas ou consultas onde o titor poderá responder nun máximo de 48 horas.

Inscrición e máis información

Para recibir máis información as persoas interesadas poderán enviar un correo electrónico a atpemes @ usc.es.

Para inscribirse e reservar praza pode facerse enchendo o formulario online de inscrición ou ben remitindo un correo electrónico a atpemes@usc.es indicando nome e apelidos da persoa interesada, así como un teléfono de contacto. Cabe destacar que as prazas son limitadas.

Desta volta como novidade están a realizar un sorteo dunha praza para o curso a través de Facebook

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal