O CPEIG organiza un Curso Práctico de Programación e Adaptación de Prestashop, dirixido a desenvolvedores web que queiran capacitarse no uso de Prestashop para implementar proxectos web complexos de comercio electrónico. O curso celebrarase do 25 ao 28 de maio en horario de tarde, de 16:00 a 20:30 horas.
Este curso formativo consta dunha duración de 18 horas presenciais, divididas en 4 sesións de 4:30 horas cada unha. Seguirá unha metodoloxía da acción formativa totalmente práctica, onde o alumnado, desde a primeira lección, creará e modificará un portal a través dos exercicios propostos. O curso ten prazas limitadas, ofertándose un total de 20 prazas.vogal4@cpeig.org.
Os docentes do curso serán Luis Cambra, programador e director de proxectos con 8 anos de experiencia programando, con desempeño de programación a medida, webmaster de tendas on-line e finalmente freelance; e Rafa Blasco, programador con experiencia en e-commerce, web e banca.
Exemplos do seu traballo:
- http://cocinandocontigo.arcos.com/
- http://bodegainiesta.es/
- http://www.ragatattoo.com/
- http://topdormitorios.com/
- http://www.holawifi.com/
O temario do curso será o seguinte:
- Introdución a Prestashop e ás súas funcionalidades como CMS (Instalación e configuración)
- Personalización Plantilla en Prestashop
- Creación de módulos
- Overrides
Respecto á metodoloxía de traballo, será totalmente práctica, desenvolvendo cada día os exemplos para montar a súa tenda, plantilla, módulo ou programación a medida para aplicar os coñecementos adquiridos. Para isto, será preciso que cada alumna/o traia o seu propio portátil para manter os cambios realizados na ferramenta entre cada sesión.
O curso ten un custe de 450€ podendo reducirse ata os 99€ en función do colectivo ao que pertenza a persoa interesada:
- Membros colexiadas/os do CPEIG e CPETIG: 99€ (se se precisa factura de servizos incrementarase co correspondente IVE)
- Persoal de empresa Cluster Tic Galicia en disposición do título de Enxeñeira/o, Enxeñeira/o Técnico, Diplomada/o ou Licenciada/o en Informática- 180€ (148 € IVE)
- Persoal de empresa Cluster Tic Galicia – 240€ (198 € + IVE)
- Outro Alumnado – 450€ ( 371€ + IVE)
As persoas interesadas poden ampliar información sobre o proceso de inscrición e matrícula no portal do CPEIG así como aclarar calquera dúbida dirixíndose ao Presidente da Comisión de Formación, Francisco Javier Rodríguez Martínez, vogal4 @ cpeig.org.
