Mancomún

Curso práctico de SIX con gvSIG na UDC

Venres, 13 Marzo 2009
gvSIGO laboratorio CartoLab da Área de Enxeñería Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría da ETS de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da UDC organiza un Curso práctico de Sistemas de Información Xeográfica.

O obxectivo deste curso é que os asistentes obteñan unha visión global dos SIX e aprendan, a través de actividades prácticas orientadas á enxeñería civil, as nocións básicas para o manexo dos instrumentos de análise territorial. O aplicativo que empregarán para este curso é gvSIG, unha das alternativas con maior proxección a nivel mundial cun estrito seguimento dos estándares internacionais.

O curso ten unha duración de 20 horas e desenvolverase na Aula de Informática da Escola de Caminos coa seguinte axenda:

  • Mércores 25 de marzo (17-21h)
  • Xoves 26 e venres 27 de marzo (10-14, 16-21h)

Para poder participar no curso é preciso facer unha preinscrición nel, xa que o número de prazas é limitado.

Fonte: CartoLab

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal