Mancomún

Curso sobre a Xestión de relacións cos clientes e xestión de tenda virtual na Aula TIC PEME da USC

Martes, 4 Decembro 2012

Cartel do curso da Aula TIC Peme da USCA Aula TIC Pemes da USC oferta un curso de formación en liña de 100 horas de duración sobre Xestión de relacións cos clientes e xestión de tendas virtuais que se impartirá a partir do 15 de xaneiro de 2013, e que xa ten o prazo de inscrición aberto.

O obxectivo do curso é capacitar ao alumnado para sacar o máximo rendemento da súa empresa a través da xestión da trazabilidade, dende o control interno dos clientes ata a administración da súa propia tenda virtual. Para isto empregaranse as ferramentas Vtiger CRM, para a xestión de relacións co cliente, e Prestashop para a xestión das tendas virtuais. Ambas ferramentas distribúense con licenza libre.
Vtiger CRM é un completo xestor de relacións cos clientes que permite que os equipos de ventas, asistencia técnica e marketing poidan organizarse e colaborar para mellorar considerablemente as experiencias dos clientes así como as ventas. Ademais inclúe ferramentas de correo electrónico, inventario, xestión de proxectos, … o que o convirte nunha completa suite para a xestión do negocio.

Distribúese con licenza libre, e está dispoñible para a súa descarga e instalación gratuíta, ou tamén pode accederse a unha versión de proba nos servizos na nube durante 15 días.

A través deste curso realizarase unha introdución ao uso deste xestor, o que permitirá coñecer as súas posibilidades e utilidade para a empresa.

Prestashop é unha solución libre de comercio electrónico. A instalación e posta en funcionamento está pensada para que a pequena e mediana empresa, sen grandes coñecementos técnicos de programación, poida instalar unha tenda web desde o principio e comezar a operar en prazos de tempo reducidos. Prestashop destaca fronte a outras solucións de comercio electrónico pola súa experiencia de usuario sinxela e a facilidade de uso. Está recomendada para tendas que non requiran de funcionalidades demasiado específicas ou avanzadas.

A través deste curso realizarase unha introdución ao uso desta ferramenta permitindo coñecer as súas funcionalidades e as posibilidades que ofrecer á empresa.

O curso será impartido baixo unha metodoloxía totalmente en liña e terá unha duración de 100 horas. Ao remate do curso, emitirase un certificado acreditativo da aula TIC Peme da USC aos participantes.

O prezo de curso é de 200€. O prazo de inscrición está aberto.

Todos os interesados deben poñerse en contacto coa aula TIC Pemes da USC a través do enderezo atpemes@usc.es ou ben a través do teléfono de contacto 982 285 900 Ext: 24483

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal