GALPon informa que vai impartir un curso/obradoiro sobre LibreOffice avanzado na Universidade de Vigo entre os días 8 de outubro e 26 de novembro.
O curso terá unha duración de 30 horas que se distribuirán os luns e mércores de 15:00 a 17:00 horas e celebrarase na E.S.E Telecomunicación. Lab. T 215 edificio novo.
O obxectivo do curso é capacitar aos asistentes para traballar de forma avanzada con documentos ofimáticos nas súas tres principais variantes:
- Procesador de texto co LibreOffice Writer.
- Follas de cálculo co LibreOffice Calc.
- Realización de presentacións co LibreOffice Impress.
O programa completo deste curso é o seguinte:
- Introdución ao LibreOffice
- Editor de Texto – Writer
- Edición de Texto avanzada (formatos, estilos, ortografia, figuras, listas, táboas)
- Traballando con Modelos (plantillas)
- Seccións e documento mestre
- Anotacións
- Folla de cálculo – Calc
- Inserción, movemento e operación de datos nunha folla
- Fórmulas
- Formato da folla (formatando tipos de letra, números, aliñamento, bordos, cores)
- Estilos
- Formato condicional
- Ordenación de datos
- Filtros (autofiltro e patrón)
- Gráficos e impresión
- Presentación – Impress
- Modos de exhibición do espazo de traballo
- Traballando con diapositivas (inclusión, exclusión, movemento)
- Obxectos na diapositiva (figuras, obxectos, hiperligazóns e gráficos)
- Diapositiva principal
- Efectos e transición de diapositivas
- Exportando presentacións para outros formatos
- Modos de transición
Hai un total de 18 prazas dispoñibles. O curso está dirixido ao público en xeral, variando as taxas de matriculación entre os 20€ e os 40€ en función do colectivo ao que se pertenza.
O prazo de inscrición ábrese o próximo luns 24 de setembro e permanecerá aberto ata o día 5 de outubro.
Todas aquelas persoas interesadas poden ampliar información a través da páxina de Extensión Universitaria así como acceder ás instrucións para a matriculación no curso.
