A OSL da UDC en colaboración co CENATIC ofrece un curso sobre os aspectos legais do software de fontes abertas.
O curso pretende presentar e comentar, brevemente e cun enfoque xeneralista, os principais aspectos xurídicos do Software de Fontes Abertas. Trátase dun curso divulgativo. O noso fin non é entrar en detalles sobre a protección xurídica e a explotación do software distribuído baixo licencias de SFA, senón presentar un curso práctico e accesíbel a calquera persoa interesada na materia.
Celebrarase os días 2 e 3 de decembro, en horario de 12:00 a 13:30 na aula de formación 2 da biblioteca Xoana Capdevielle situada no Campus de Elviña.
Trátase dun curso gratuíto, dirixido a todos os membros da UDC (alumnos, PDI, PAS, persoal laboral). Conta cun total de 30 prazas ás que se accederá por estrita orde de inscrición, que poderá facerse a través do formulario ou por teléfono (981-167000 ext.5506 de 8:00 a 15:00).
Ao final do curso entregarase aos asistentes unha "Guía del derecho y el software de fuentes abiertas" realizada polo CENATIC así como un certificado que será emitido pola CRUE e CENATIC e a OSL da UDC.
Fonte: OSL da UDC
