Mancomún

Curso sobre R, estatística aplicada á Bioloxía usando Software Libre

Xoves, 10 Setembro 2009

Logo RO Colexio Oficial de Biólogos de Galicia organiza un curso en liña sobre estatística aplicada á bioloxía, mediante o uso da ferramenta de software libre R. R trátase dun aplicativo adecuado para a elaboración, tanto de análises sinxelas como de complicadas probas estatísticas, requiridas no campo da bioloxía. Sobre este software execútase a Interface Gráfica de Usuario R-commander.

O curso ten como obxecto ofrecer unha formación flexíbel e a distancia, adaptada ás complexas necesidades do biólogo como profesional. Dirixido pois a biólogos e outros profesionais, así como estudantes de últimos anos, o curso abordará este tema de xeito introdutorio, sen que para iso sexan precisos coñecementos previos. Trataranse exemplos prácticos de bioloxía de campo e sanitaria, e proveranse os fundamentos necesarios para comprender e interpretar as análises que o programa R facilita. O programa formativo repartirase nun total de 51 horas lectivas.

Os interesados deberán inscribirse antes do 26 de setembro. A selección de inscritos farase por rigorosa orde de recepción das solicitudes. A matrícula terá un custo de 50 euros para colexiados e estudantes de Bioloxía, e de 100 euros para non colexiados e outras titulacións.
Máis información en http://www.biologosdegalicia.org/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal