Mancomún

Curso virtual de tratamento de imaxes con GIMP

Luns, 19 Maio 2008

gimp

O Instituto de Máquina Herramienta-IMH de Guipúzcoa vén de poñer a disposición de todos os internautas un curso básico de uso da ferramenta de software libre para o tratamento de imaxes, GIMP. Este curso está publicado baixo a licenza Creative Commons ShareAlike.

O curso aborda, a través dunha exposición clara e accesible para calquera usuario,  todas as funcionalidades da aplicación orientadas a un uso básico da mesma.

cursoO  curso está dispoñible na rede nesta ligazón.

O Instituto de Máquina Herramienta-IMH é un centro de formación e innovación tecnolóxica ubicado en Guipúzcoa e orientado á prestación de servizos á industria e á comunidade en xeral, a través da formación técnica e da difusión tecnolóxica.

Dende o 1 de marzo está tamén dispoñible no repositorio oficial de GIMP   (na páxina de tradución de GNOME) a tradución ao galego da nova versión dentro da rama 2.4 de Gimp. Esta tradución foi realizada no Entrans de Mancomun.org grazas á coordinación oficial de Trasno.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal