Como todos os anos a Linux Foundation anuncia a oferta de cursos organizados pola mesma. Todos estes cursos son orientados a iniciación no manexo e administración de sistemas e tecnoloxías baseadas en Linux. A pretensión dos mesmos é a de asentar unhas bases de fundamentos en aspectos de administración, xestión e seguridade que sirvan para logo para unha futura expansión de ese coñecemento.
Os cursos son online e parecen de particular interese os cursos enfocados as tecnoloxías máis incipientes coma OpenStack, Linux containers e Kubernetes. Tamén, dentro da oferta de cursos, son particularmente atractivos os cursos con acceso gratuíto:
- Introdución a Linux (LFS101)
- Introdución a OpenStack (LFS152)
- Introdución a Infraestruturas de Tecnoloxías Cloud (LFS151)
- Introdución a DevOps: Transformando e mellorando as operacións (LFS161)
- Orientación de linguaxe inclusivo (LFC101)
- Fundamentos de cumprimento básico para desenvolvedores (LFC191)
