A través da web de AGNIX soubemos dunha novidade na ampla oferta formativa do CNTG. Trátase do curso de Creación dixital en 3D con Blender.
O curso, cun contido eminentemente práctico, oriéntase á creación de obxectos en 3D, dende o debuxo inicial da forma ata o render final dunha animación. Terá unha duración de 60 horas distribuídas en sesións presenciais de luns a venres de 9:30 a 13:30 do 25 de xaneiro ata o 12 de febreiro de 2010. O curso será impartido por Antonio Carranza.
O prazo de inscrición comeza o vindeiro 1 de novembro.
Para todos aqueles que non dispoñan de tempo de abondo para realizar esta formación presencial ou non consigan unha das 15 prazas dispoñíbeis unha alternativa interesante podería ser o Curso en liña de iniciación a Blender impartido por Formación Infográfica.
Este curso ten por obxectivo aprender a desenvolver proxectos de infografía 3D con Blender e pode seguirse en dúas modalidades: unha gratuíta, sen asistencia docente e outra, con asistencia, por 190 euros.
O curso consta de máis de 130 videotitoriais de curta duración, que poden visualizarse en liña con Firefox 3.5 e tamén descargalos para visualizalos no propio equipo.
Fontes:
