O ISFTIC (“Instituto Superior de Formación y Recursos en Red para el Profesorado”), antigo CNICE, pon a disposición dos usuarios unha colección de materiais en CD (imaxe ISO) e cun formato navegable en HTML (tipo páxina web) totalmente gratuítos. Estes son os cursos que oferta para o profesorado pero tamén existe esta posibilidade de que todo o mundo poida descargar os CD.
Os cursos que ofrecen son de diversa temática. Aquí faremos mención aos referidos ao mundo do software libre:
- Gimp: Aplicacións Didácticas
- Debuxo Vectorial con Draw
- PHP no ensino
- Introdución a Linux
- JClic. Creación de actividades
- Procesador de textos no ensino (con OpenOffice.org)
- Folla de cálculo no ensino (con OpenOffice.org)
- Folla de cálculo no ensino das ciencias (con OpenOffice.org)
- Deseño de presentacións (con OpenOffice.org)
Fonte da nova e máis información nas seguintes ligazóns:
