Mancomún

Cursos de SwL no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

Xoves, 2 Outubro 2008

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia , inaugurado recentemente, inclúe dentro da súa oferta formativa varios cursos de SwL gratuítos.

Neste mes de Outubro impartiranse dous destes cursos, rematando o prazo de inscrición o vindeiro día 5. As probas de coñecementos serán a semana que vén.

  • Administración de sistemas operativos Suse Linux (N) Certificación CLP. Haberá unha edición de mañá para desempregados e outra de tarde para traballadores en activo. A duración será de 80 horas, entregando ao final un diploma acreditativo e ofrecendo a posibilidade de obter a certificación oficial tamén de xeito gratuíto .

  • Programación en Java. Análise orientada a obxectos con UML. Terá edición de mañá e de tarde. Ten unha duracións de 64 horas ao final das que se entrega un diploma de asistencia e a posibilidade de obter a certificación oficial gratuitamente.

O resto de cursos de SwL ofertados están planificados para o vindeiro ano.

  • Administrador de sistemas operativos, redes e servidores Linux. Nivel inicial. Este curso ten unha duración de 80 horas e impartirase en horario de mañá a partires de xaneiro de 2009.

  • Administrador de sistemas operativos, redes e servidores Linux. Nivel avanzado. 64 horas a impartir en horario de tarde a partires de xaneiro de 2009.

  • Desenvolvemento de aplicacións WEB con PHP e MySQL sobre Apache. Edición de mañá e de tarde a partires de marzo de 2009. 64 horas. Entregan ao final un diploma acreditativo e ofrecen a posibilidade de obter a certificación oficial tamén de xeito gratuíto .

  • Desenvolvemento de aplicacións con Spring, Hibernate & Struts. Impartirase en marzo de 2009 en edición de tarde un total de 48 horas.

Todos os detalles destes cursos como os horarios, o temario, as datas de inscrición …  están dispoñibles na páxina do CNTG , no apartado actividades de formación. É preciso rexistrarse previamente na súa web para acceder á información.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal