É preciso inscribirse nos obradoiros dende o propio portal da Rede de Dinamización e, ao seu remate, entregarase un certificado acreditativo de ter cursado o obradoiro.
A primeira edición dará comezo o vindeiro día 26 e posteriormente, segundo a demanda, haberá outras sucesivas.
Entre todos os obradoiros ofertados hai 9 sobre ferramentas libres:
- Retoque fotográfico con GIMP (7 horas)
- Realización de Mailing co Writer (5 horas)
- Procesador de Textos: Writer (7 horas)
- Folla de cálculo: Calc (6 horas)
- Xeración de presentacións co Impress (7 horas)
- Contas co Calc (5 horas)
- Iniciación á Informática: Ubuntu (4 horas)
- Iniciación á Internet: Firefox (7 horas)
- Correo Electrónico: Thunderbird (6 horas)
Nesta páxina pódense consultar os contidos destes e dos demais obradoiros así como inscribirse neles.
Fonte: Rede de dinamización
