A empresa GRUPO BARRÁN S.L., de recente creación, infórmanos das súas próximas actividades de formación e difusión de software libre que organiza para os próximos meses.
Respecto ás actividades formativas, veñen de abrir o prazo de inscrición para dous cursos de verán sobre software libre, un de GNU/Linux e outro de uso dos principais aplicativos libres dirixidos a todo tipo de usuarios.
Por outra parte, infórmanos tamén da celebración de dous seminarios “Emprender con Software Libre” que celebrará no mes de Setembro, un no CNTG en Santiago de Compostela e outro no centro Ágora en A Coruña.
Cursos de verán
Os cursos celebraranse durante os meses de Agosto, Setembro e Outubro, cunha duración de 72 horas cada un e serán impartidos presencialmente en Santiago de Compostela. A oferta de prazas é limitada, e o custe dos cursos é de 20€ ao mes. As persoas interesadas en obter máis información ou inscribirse nos cursos deben contactar coa empresa a través do formulario de contacto ou de inscrición.
O programa dos cursos será o seguinte:
- GNU/LINUX:
- Administración de Sistemas Linux
- Instalación de sistemas Linux
- Acceso á liña de comandos
- Ferramentas intermedias de liña de comandos
- Expresións regulares, canalizacións e redireccións de E/S
- Configuración de redes e solución de problemas
- Xestión de particións e sistemas de ficheiros sinxelos
- Xestión de almacenamento flexible co Logical Volume Manager (LVM)
- Acceso a servizos de uso compartido de ficheiros en rede; NFS y CIFS
- Xestión de contas de usuario
- Contas de usuarios en rede con LDAP
- Control de acceso a ficheiros
- Xestión de SELinux
- Instalación e xestión de software
- Xestión de servizos instalados
- Análise e almacenamento de rexistros
- Xestión de procesos
- Axuste e mantemento do kernel
- Técnicas de recuperación de sistemas
- Red Hat Linux Networking e Seguridade
- Iniciación no contorno da aula
- Mellora da seguridade do usuario
- Scripts de bash e ferramentas
- Seguridade de ficheiros con GnuPG
- Xestión de software
- Monitorización de rede
- Enrutado do tráfico da rede
- Protección do tráfico da rede
- Configuración do servidor NTP
- Sistemas de ficheiros e rexistros
- Almacenamento centralizado e seguro
- Servizos web encapsulados con SSL
- Configuración adicional de servidores web
- Configuración básica de SMTP
- Servidor DNS só de caché
- Uso compartido de ficheiros con NFS
- Uso compartido de ficheiros con CIFS
- Uso compartido de ficheiros con FTP
- Solución de problemas co proceso de arrinque
- USO APLICATIVOS LIBRES:
- Unidade 1: Introdución ao software libre.
- Unidade 2: Familiarizándose co entorno Gnome.
- Unidade 3: Offimática libre, Libreoffice e Abiword.
- Unidade 4: Edición gráfica, Gimp.
- Unidade 5: Deseño 3D, Blender.
- Unidade 6: Xestión de correo electrónico, Thunderbird.
- Unidade 7: Edición HTML, Kompozer.
Seminarios Emprender con Software Libre
Grupo Barrán S.L., en colaboración coa Academia Athenea organiza dous seminarios “Emprender con Software Libre”, que serán impartidos por Jose Barrán, propietario de Grupo Barrán S.L. e profesor de informática durante os 3 últimos anos.
O seminario vai dirixido a todas aquelas persoas que estean pensando en montar o seu propio negocio. Durante o mesmo, cunha duración aproximada de 120 minutos, trataranse diversos temas, explicando aos asistentes, en primeiro lugar, temas de interese xeral á hora de poñer en marcha un novo negocio, como poden ser, posibles formas xurídicas, trámites burocráticos necesarios, como obter financiamento ou simplemente por onde empezar; e en segundo lugar centrándose xa no eido do software libre, exporanse diversas opcións de negocio que nos brinda o software libre, como empezar un proxecto de software libre, como facer que dea beneficio, expoñendo diversos casos de éxito como exemplo.
O primeiro deles celebrarase en Santiago de Compostela coa colaboración do Centro de novas tecnoloxías de Galicia, o día 10 de setembro de 2013, ás 11:00 horas. A entrada é de balde limitada ao aforo dispoñible, recomendando a inscrición previa no formulario habilitado ao efecto.
O segundo dos seminarios celebrarase en A Coruña coa colaboración do Centro sociocultural Ágora o día 25 de setembro de 2013, ás 19:00 horas. A entrada tamén é de balde limitada ao aforo dispoñible, recomendando a inscrición previa no formulario habilitado para este seminario.
