O cada vez maior uso do software libre nas empresas de maior tamaño no segmento das pemes fai prever un incremento tamén nas de menor tamaño por imitación.
Isto motivou á Confederación de Empresarios de A Coruña a introducir un programa formativo sobre solucións FLOSS co obxectivo de promover a formación en software libre nas empresas, tanto aos usuarios finais como ao persoal dos departamentos TIC das empresas.
Así para durante este mes de novembro a CEC organiza cinco cursos de carácter gratuíto, co seguinte cronograma: Traballo en Grupo: E-GROUPWARE.
O alumnado, ao final deste curso, terá coñecementos de como funciona e se implementa unha ferramenta de xestión de traballo en grupo. Coñecerá as vantaxes que este tipo de software ofrece.
Constará de 16 horas en modalidade e-learning e 4 horas presenciais que se impartirán do 12 ao 26 de novembro de 2010. A clase presencial será o 19 de novembro de 2010, de 17:00 a 21:00 horas na Delegación de Santiago de Compostela na rúa/ Eduardo Pondal 8, Santiago.
Xestión Documental Open Source con ALFRESCO.
Obxectivo xeral é que os asistentes ao curso obteñan un amplo coñecemento do funcionamento do sistema xestión documental Alfresco, sexan quen de configuralo de maneira básica e de construír os seus propios modelos documentais.
Impartirase os días 15,16,17,18 de novembro de 2010 de 18:00 a 22:00 horas nas instalacións da CEC na Coruña.
VPN: Xestión de Redes Empresariais (Routing+Firewalling).
O obxectivo xeral é familiarizar ao alumnado coas tecnoloxías e servizos necesarios para a conexión de oficinas. Conseguir que o alumno sexa capaz de instalar unha rede privada virtual entre dúas ubicacións e compartir información.
Impartirase os días 19, 26 de novembro de 2010 de 17:00 a 21:00 horas e o 20 e 27 novembro de 09:30 horas a 13:30 horas nas instalación da CEC na Coruña
Paquete Ofimático completo: OPENOFFICE.
O obxectivo deste curso será achegar os fundamentos básicos do paquete ofimático OpenOffice.org, facendo unha introdución aos distintos aplicativos que conforman o paquete completo.
Impartirase os días 22, 23, 24, 25 de novembro de 2010 de 18:00 a 22:00 horas nas instalacións da CEC na Coruña.
Administración de Sistemas Operativos GNU/LINUX.
O obxectivo é que o alumnado sexa capaz de realizar as operacións de instalación, configuración e mantemento de Linux como máquina servidora no contorno de rede local e/ou con acceso á Internet.
Impartirase os días 22, 23, 24, 25 de novembro de 2010 de 18:00 a 22:00 horas nas instalacións da CEC na Coruña.
Para obter máis información sobres os cursos poden consultarse os temarios ou contactar coa CEC a través do teléfono 981 13 37 02 ou do enderezo electrónico : informacion.empresa @ cec.es
Este proxecto ten financiamento da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio a través do Plan Avanza2.
Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible.A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
Cookies estrictamente necesarias
As cookies estrictamente necesarias deben estar activadas en todo momento para que poidamos gardar as súas preferencias para a configuración de cookies.
If you disable this cookie, we will not be able to save your preferences. This means that every time you visit this website you will need to enable or disable cookies again.
Cookies de terceiros
Este sitio web usa Google Analytics para recoller información anónima como o número de visitantes do sitio e as páxinas máis populares.
Please enable Strictly Necessary Cookies first so that we can save your preferences!