Mancomún

DataFashion e Openbravo xuntan esforzos para ofrecer un servizo SaaS para a industria da moda

Martes, 3 Novembro 2009

DVD da PEMEOpenbravo, empresa desenvolvedora de solucións para a xestión integral das empresas, co seu software de ERP, tamén chamado Openbravo, e DataFashion, en cuxa carteira de clientes se engloban nomes como Canali, La Perla ou Bulgari, anunciaron un acordo de colaboración que lles permitirá abordar as necesidades dos sistemas de ERP nos mercados da moda, calzado, etc… a través dunha oferta de SaaS (Software-as-a-Service) dirixida ás pequenas e medianas empresas do sector.

Para Pasquale Lambardi, director xeral de DataFashion, “as pequenas e medianas empresas son un compoñente fundamental do actual tecido empresarial do sector da moda. No entanto, non dispoñen de solucións software especificamente deseñados para axudarlles a desenvolver o seu negocio. O coñecemento do mercado de DataFashion xunto coa tecnoloxía de Openbravo permitiranos poñer a disposición das PEME do sector da moda unha solución SaaS baseada nas últimas tecnoloxías e perfectamente adaptada ás súas necesidades…
Máis información na fonte orixinal:
http://www.gacetatecnologica.com/node/1100

Podes atopar o Openbravo en galego, na súa versión 2.34 no noso DVD de ferramentas informáticas para a PEME.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal