Mancomún

Debian escolleu novo líder do proxecto

Xoves, 25 Abril 2019

Debian é un dos proxectos de software libre máis grandes de toda a comunidade, participando do mesmo máis de 1000 desenvolvedores. Trátase dunha das distribucións máis antigas de GNU/Linux e pai de moitas outras como Ubuntu. Sam Hartman ven de ser escollido como DPL (Líder do Proxecto Debian) o pasado domingo, este liderado (non remunerado economicamente, mais moi prestixioso) durará ate o 2020 e poñerá na man de Sam entre outras as responsabilidades de ser a face pública e  de delegar as tarefas máis de alto nivel ás persoas apropiadas.

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal