Debian GNU/kFreeBSD é un sistema formado polas utilidades e a libraría C de GNU funcionando sobre un núcleo de FreeBSD , xunto co tradicional sistema de paquetaría de Debian . FreeBSD é un un sistema operativo avanzado para arquitecturas x86 e amd64. É un derivado de BSD, en concreto, a versión de UNIX desenvolvida na universidade de California, en Berkeley e desenvólveo e manteno un gran grupo de persoas .
Debian GNU/kFreeBSD formaba parte dun grupo de adaptacións de Debian que empregaban núcleos diferentes a Linux . Nese grupo podiamos encontrar Debian GNU/Hurd (empregando o núcleo Hurd do proxecto GNU ), Debian GNU/NetBSD (co núcleo do sistema operativo NetBSD ), e o propio GNU/kFreeBSD, que recentemente pasou a ser un port oficial dentro de Debian.
Outro proxecto que emprega un contorno Debian sobre un núcleo diferente a Linux é Nexenta, que emprega un núcleo de OpenSolaris.
O sistema base de Debian GNU/kFreeBSD é xa plenamente funcional, aínda que polo de agora non existe unha versión estábel de Debian con este núcleo. Segundo se pode ver neste anuncio , só está dispoñíbel para as distribucións “unstable” e “experimental”.
